Temario Traballador Social
Parte común.
Tema
1.- A Constitución española: Principios fundamentais,
dereitos e deberes fundamentais
dos españois. A protección da saúde
na Constitución.
Tema
2.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido.
O Parlamento. A Xunta e o seu
Presidente. A Administración Pública galega.
Tema
3.- A Lei Xeral de
Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións
públicas en relación coa saúde.
Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario
público.
Tema
4.- O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación
do Persoal Estatutario. Dereitos
e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e
licencias. Situacións do persoal
estatutario. Réxime disciplinario.
Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema
5.- O persoal estatutario do Servizo
Galego de Saúde. Provisión
e selección de prazas. Réxime
retributivo. Xornada de traballo.
Permisos e licencias.
Tema
6.- A Lei de saúde de
Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo
Galego de Saúde.
Tema
7.- A Atención Primaria da Saúde: concepto e
características xerais. A ordenación da Atención
Primaria na Comunidade
Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e
características xerais. A ordenación da atención
especializada na Comunidade
Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema
8.- Saúde Laboral: concepto. Principais
riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios
básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.
Parte específica.
Tema 9.- A
autonomía do paciente. Dereitos e obrigas en materia de información e
documentación clínica. Normas reguladoras do consentimento informado e da
historia clínica dos pacientes.
Tema 10.- A Lei
orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter
persoal: disposicións xerais; protección de datos; dereitos da persoas;
ficheiros de titularidade pública.
Tema 11.- A regulación
da saúde mental en Galicia: obxecto e directrices xerais. Coordinación da saúde
mental. Dispositivos básicos de saúde mental e funcións. Dispositivos
complementarios de saúde mental e funcións. Educación, docencia, investigación
e avaliación da saúde mental.
Tema 12.- Lei
39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás
persoas en situación de dependencia. Normativa nacional e autonómica de
desenvolvemento.
Tema 13.- Lei
2/2007, do 28 de marzo de 2007, do traballo en igualdade das mulleres de
Galicia. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento
integral da violencia de xénero. A violencia de xénero e a violencia doméstica.
Definición e causas. Formas de prevención, detección e intervención dende a
atención primaria e especializada de saúde. Programas de intervención con
persoas maltratadas e con maltratadoras.
Tema 14.- O
traballo social: natureza, obxecto, obxectivos e funcións. A ética profesional
do traballo social. O Código de ética profesional. O secreto profesional.
Conflitos éticos na práctica profesional.
Tema 15.- Principios
básicos do traballo social: individuación. Expresión de sentimentos.
Participación emocional. Aceptación. A “neutralidade” do/a traballador/a social.
Autodeterminación. Participación do paciente no proceso de traballo social:
integración do paciente durante todo o proceso de intervención a nivel
individual, familiar e de grupo.
Tema 16.- O
traballo social no sistema de saúde. Historia e evolución. Teorías
contemporáneas do traballo social. Diferentes enfoques: o conductista,
o psicodinámico, o cognitivo, o humanista e o
sistémico. Modelos de práctica profesional.
Tema 17.- O
proceso metodolóxico no traballo social: fases do proceso. Estudo e diagnóstico
social. Elementos do diagnóstico. Obxectivos, técnicas e procedementos
metodolóxicos utilizados. Tipos de diagnóstico no traballo social: diagnóstico
dinámico, diagnóstico clínico, diagnóstico etiolóxico.
Tema 18.- O
proceso de planificación no traballo social. Plans. Programas. Proxectos. A
planificación como parte do proceso metodolóxico no traballo social: a
planificación na atención individualizada e familiar e no traballo social con
grupos.
Tema 19.- O proceso
de intervención no traballo social. Deseño da intervención. Fases do deseño da
intervención. Intervención directa e indirecta. Actitudes profesionais na
intervención. Os recursos, definición e tipoloxía de recursos.
Tema 20.- A
avaliación no traballo social Avaliación do deseño, avaliación da implementación, avaliación de resultados. Tipos de
avaliación: externa, interna e mixta. Técnicas de avaliación cuantitativa e
cualitativa.
Tema 21.- O
traballo social familiar. A familia como unidade de intervención no traballo
social. A estrutura familiar. As relacións no sistema familiar, comunicación,
roles e regras. O traballo social familiar e a terapia de familia. Obxectivos,
métodos e técnicas de intervención do traballo social familiar. A visita
domiciliaria como técnica no traballo social; obxectivos e forma de preparar a
visita domiciliaria. Límites á visita domiciliaria.
Tema 22.- O
traballo social con casos. Características da intervención. Técnicas e
instrumentos documentais básicos utilizados no traballo social de casos. A historia
social como instrumento de traballo do/a traballador/a social. Aspectos máis
relevantes. Utilización no diagnóstico, tratamento e derivación de casos. Os
documentos básicos do traballo social: o informe social, a ficha social, a
historia social. O contrato: un instrumento para o cambio.
Tema 23.- A
intervención profesional no traballo social con grupos, obxectivos. Técnicas de
traballo social con grupos. Fases do proceso de formación dos grupos. A
motivación na vida do grupo. Dinámica de grupos, principios xerais. A
orientación do traballo social con grupos de persoas enfermas. Instrumentos
documentais básicos utilizados no traballo social de grupos.
Tema 24.- A
entrevista no traballo social: concepto, características, fases e tipos de
entrevista. Estrutura e proceso da entrevista. A entrevista como medio de
diagnóstico e de tratamento no traballo social. Habilidades e destrezas para a
realización de entrevistas.
Tema 25.- A
intervención social directa: concepto e obxectivos. A transferencia e contratransferencia na relación traballador/a social - usuario/a.
O uso da relación profesional como relación de apoio e acompañamento.
Tema 26.- A
intervención social indirecta: concepto, obxectivos, técnicas. O traballo en
redes: concepto. Utilidades deste tipo de intervencións. Relación con outras
formas de intervención do traballo social. Interdisciplinariedade
no traballo en redes.
Tema 27.- O
traballo social como proceso psicosocial. O/a
paciente como realidade biopsicosocial. Aspectos
internos e externos. Relacións. Comunicacións. Utilización dos servizos e
recursos sociais polo/a traballador/a social: obxectivos. O/a traballador/a
social no equipo multidisciplinar: achegas
específicas do/a traballador/a social.
Tema 28.- A
supervisión no traballo social: concepto. Supervisión clínica. Supervisión
institucional. Importancia da supervisión na práctica clínica do traballo
social.
Tema 29.- O método
científico. Características e elementos básicos. A investigación social:
características. O campo da investigación social. Relacións entre teoría e
investigación. Investigación básica e investigación aplicada. O proceso de
investigación. Obxectivo da investigación. Deseño. Selección de métodos e
técnicas. Elección da mostra. Recompilación de datos. Elaboración, análise e
interpretación.
Tema 30.- Procedementos
para a recompilación de datos. A observación. A entrevista. O cuestionario.
Escalas de actitudes e opinións. Test. A sociometría. Recompilación documental.
A semántica diferencial. Análise de contido. Aspectos máis importantes de cada
unha destas técnicas. Vantaxes e limitacións de cada unha delas.
Tema 31.- Elaboración,
análise e interpretación de datos. Parámetros de posición. Parámetros de
dispersión. Razóns, proporcións, porcentaxes e taxas. Correlación e regresión.
Presentación de datos. A redacción do informe. Preparación e estrutura. Uso de
referencias e estilo.
Tema 32.- Estatísticas
de saúde pública aplicables ao traballo social.
Tema 33.- Epidemioloxía
da saúde e da enfermidade. Causalidade múltiple dos fenómenos biolóxicos.
Constitución, ambiente e saúde. Patoloxía social. Concepto da enfermidade social.
Epidemioloxía: o método epidemioloxico. Relación
entre o método clínico e o epidemiolóxico. Algúns principios fundamentais da
epidemioloxía: multicausalidade, susceptibilidade e
vulnerabilidade; variabilidade na resposta do hóspede. Usos da epidemioloxía.
Expresións de uso frecuente en epidemioloxía. Determinación do nivel de saúde:
índice para medir o nivel.
Tema 34.- Saúde e
enfermidade como fenómenos ecolóxicos. O individuo e o seu ambiente interno. O
individuo e o seu ambiente externo. O individuo e o seu ambiente social.
Tema 35.- Determinantes
multidimensionais da saúde. Persoas, situacións e
sistemas sociais. Cargas xenéticas, conduta persoal, contorno familiar e
social. O estrés e o apoio social. Sistema económico.
Sistema social e sistema de saúde.
Tema 36.- Atención
primaria de saúde. Concepto e características xerais. Intervencións e funcións
do/a traballador/a social como membro do equipo interdisciplinar
no servizo de atención primaria.
Tema 37.- A saúde
do neno dende o seu nacemento ata a idade escolar. Aspectos psicosociais.
Prevención. Tratamento. Educación sanitaria.
Tema 38.- Prevención
e educación sanitaria. A saúde no escolar. Aspectos psicosociais.
Intervención do/a traballador/a social. Traballo en redes.
Tema 39.- O
adolescente: etapa de problemas biolóxicos, psicolóxicos e sociais. Prevención.
Intervención do/a traballador/a social.
Tema 40.- O
sistema de saúde e a protección de menores. Maltrato infantil, tipoloxías de
maltrato. Detección e comunicación de situacións de risco social e/o maltrato,
prevención e intervención dende o sistema de saúde. Conceptos xurídicos de
risco, desamparo, medidas de protección, tutela, garda, acollemento e adopción.
Tema 41.- A saúde
na idade adulta. Aspectos psicosociais na saúde da persoa
adulta. Factores de risco, prevención. Importancia dos factores ambientais.
Concepto de testamento vital. Papel do/a traballador/a social.
Tema 42.- Embarazo.
Planificación familiar. Aborto. Enfermidades xinecolóxicas. Aspectos psicosociais. O papel do/a traballador/a social no equipo
de saúde da muller.
Tema 43.- Cancro.
Enfermidades cardiovasculares. Enfermidades infecto-contaxiosas.
Aspectos psicosociais. Papel do/a traballador/a
social na prevención, tratamento e rehabilitación.
Tema 44.- O
proceso de envellecemento: xeriatría e xerontoloxía. Prevención. Tratamento e
rehabilitación. A intervención do/a traballador/a social na atención
xerontolóxica. Relación cos organismos de benestar social.
Tema 45.- Atención
multidisciplinar das situacións de dependencia dende
os equipos de saúde. A valoración funcional. Instrumentos de valoración da
función social. O/a traballador/a social como profesional de enlace co sistema
de atención á dependencia.
Tema 46.- O programa
de atención domiciliara en atención primaria de saúde. A coordinación intrainstitucional: primaria – especializada. A
coordinación interinstitucional con servizos sociais,
outras institucións, organizacións non gobernamentais.
Tema 47.- O
traballador social sanitario e a intervención comunitaria. Obxectivos. Diferentes
formas de intervención. A participación da comunidade. O/a traballador/a social
como nexo de unión entre o equipo e a comunidade.
Tema 48.- Traballo
social hospitalario: concepto. Características e estrutura do servizo de
traballo social hospitalario. Intervención e funcións do/a traballador/a social
nos distintos servizos hospitalarios. A interdisciplinariedade
no traballo social hospitalario.
Tema 49.- A
planificación da alta hospitalaria: conceptos e aspectos fundamentais.
Importancia do sistema de información e da investigación como base para a
elaboración de novos programas.
Tema 50.- A
atención sociosanitaria. Unidades de media e longa
estancia: concepto, características e intervención multidisciplinar.
O traballo social nos dispositivos intermedios.
Tema 51.- Coidados
paliativos: a atención integral en coidados paliativos. O apoio na toma de
decisións. A participación do paciente, da familia e da comunidade. Integración
do traballo social nos diferentes dispositivos asistenciais.
Tema 52.- Saúde
mental. Principais categorías diagnósticas. Características e especificidades
de cada unha delas. Influencia dos factores psicosociais
na saúde mental. Intervención do traballo social. Concepto de incapacitación legal, tutela e curatela.
Tema 53.- Drogodependencia non alcohólica. Características xerais
dos drogodependentes. Factores psicosociais.
Tratamento, rehabilitación e reinserción psicosocial.
Intervención do/a traballador/a social nos programas de prevención.
Tema 54.- Alcoholismo.
Factores psicosociais do alcoholismo. Problemática sociolaboral e familiar do paciente alcohólico.
Intervención do/a traballador/a social nos programas de prevención, asistencia
e rehabilitación psicosociais. Programas de
integración comunitaria.
Tema 55.- Tabaquismo.
Características socioculturais do hábito de fumar. Efectos do tabaco sobre a
saúde. Intervención do/a traballador/a social en programas de prevención,
tratamento e rehabilitación do fumador crónico.
Tema 56.- Grupos
marxinais. O fenómeno do “senfogarismo”. A atención
sanitaria a persoas sen fogar. Problemática sociosanitaria
da poboación en situación e/ou risco de exclusión social. A intervención do/a
traballador/a social.
Tema 57.- Inmigración
e saúde. Aspectos sociais na atención ao inmigrante. Muller e inmigración. O
dereito á asistencia sanitaria das persoas estranxeiras. Intervención do/a
traballador/a social nas prestacións sociosanitarias
desta poboación.